
AS XOIAS
Símbolos na literatura universal.
os aneis.
Simboloxía.
Os aneis empréganse para simbolizar vinculación, unión e promesas.
Os aneis son tamén un signo de poder e maxia: na lenda de Giges, o anel permitíalle facerse invisible; en Aladino, invocaba a un xenio menor (que non é o mesmo que o que se invocaba coa lámpada); a Biblia recolle que na lenda do rei Salomón, o anel consegue dominar o mundo dos espíritos e constrúe o templo de Xerusalén.
O simbolismo máis moderno céntrase nos perigos do poder que carrexa a xoia, pois está maldita e trae corrupción moral e desastres aos seus donos: no Señor dos Aneis de Tolkien provoca un desexo irresistible de posesión e domina a vontade de calquera que o porte.
Os aneis na mitoloxía grega.
A orixe do anel remóntase ao mítico Prometeo grego, que foi encadeado a unha roca por Zeus por roubar o lume do Olimpo. Por ese motivo, castigouno a levar un elo da súa cadea cun fragmento da roca engastado nel para simbolizar que seguía sometido a Zeus.
Os aneis na mitoloxía nórdica.
Na mitoloxía nórdica, o anel dos Nibelungos traía desgrazas ao seu dono.
o colar.
sIMBOLOXÍA.
Nos mitos, o colar é un atributo das deusas: destaca a súa beleza, a súa capacidade de atraer os homes e a súa fertilidade.
No aspecto negativo, o colar pode ser un sinal de sometemento a alguén máis poderoso.
No conto O colar de Maupassant, a xoia é un símbolo de estatus social alto.
Tamén serve como elemento ornamental nos títulos, como na obra O colar da pomba de Ibn Hazm.
Nos Tres Mosqueteiros de Alexandre Dumas, a Raíña de Francia, Ana de Austria, é obsequiada polo Rei cos ferretes dun colar, pero ela regálallos ao seu amante. Posteriormente, o Rei infórmalle que terá que portar os ferretes na corte, polo que a Raíña pide axuda aos mosqueteiros para poder recuperalos.
O COLAR NA MITOLOXÍA GREGA.
Na mitoloxía grega, Cadmo, fundador de Tebas, casa con Harmonía e regálalle un colar (o “colar Harmonía”), o cal trae desgrazas a aqueles que o posúen.
Dícese que ambos marcharon a Iliria, onde foron transformados en serpes.
O COLAR NA MITOLOXÍA NÓRDICA.
Na mitoloxía nórdica, nárrase a historia de como a deusa Freia (deusa do amor) consegue o seu famoso colar “Brisingamen”, o cal tamén é mencionado no poema épico anglosaxón Beowulf.
O COLAR NA MITOLOXÍA CÉLTICA.
Na mitoloxía céltica, o colar do xuíz mítico Morann tiña como particularidade a de poder estreitarse en torno ao colo do seu propietario cando este último pronunciaba unha sentenza inxusta, e ensanchar cando pronunciaba unha sentenza xusta.
Ademais, varios pobos celtas usaban o "torque" (que significa "xabarín" en irlandés antigo), un colar que representaba o valor sagrado do animal. As representacións de deuses e deusas desta mitoloxía mostran frecuentemente o uso da xoia.
O COLAR NA MITOLOXÍA EXIPCIA.
Na mitoloxía exipcia, o colar “menat” pertencía á deusa Hathor. Ao levalo, unha corrente de vida transmitíase coma un fluído divino, ofrecendo fertilidade e renacemento.
os Tesouros nas lendas galegas.
Nas lendas galegas están presentes moitos tesouros de ouro escondidos por toda a xeografía de Galicia: na lenda de O tesouro de Penas Ferreiras cóntase que nese territorio existe un tesouro oculto nun lugar onde non nace a herba, porque alí houbo unha batalla moi grande contra os mouros, con moitos mortos e moito sangue derramado; e na lenda do Tesouro do Bispo nárrase que preto da igrexa parroquial do Xove (Lugo) hai un nicho illado, onde se atopa soterrado un bispo cun tesouro. Ninguén quixo abrir e mirar, non sexa que o tesouro sexa sagrado. Estas son dúas lendas nas que aparecen os tesouros, pero hai moitas máis.
BIBILIOGRAFÍA E CRÉDITOS DE IMAXE.
Bibliografía:
El libro de los símbolos, Taschen, Alemania, 2011.
Diccionario de los símbolos, Herder, Francia, 2009.
http://bit.ly/2rTelEECréditos de imaxe: