
A MAZÁ
OS SÍMBOLOS NA LITERATURA UNIVERSAL
Introdución
As mazás, tanto a verde como a vermella, comparten un simbolismo erótico, xa que se comparaban cos peitos femininos pola súa forma, e “tirarlle unha mazá a alguén” significaba invitalo ao xogo amoroso.Era o froito da sensualidade.
Tamén na antiga Grecia ,servía de regalo do amor porque imaxinaban a mazá coma un tributo de Afrodita,a deusa do amor.
A Mazá de Brancaneves
Na mazá vermella do conto de Brancaneves é importante a súa cor porque simboliza a morte e o pecado. Parece unha mazá perfecta cando en realidade é todo o contrario, provoca a morte. Polo tanto, é o engano.
O Xardín das Hespérides
A mitoloxía grega fala dun fermoso xardín, un horto da propiedade da deusa Hera nun recuncho do Occidente. Este xardín contaba cunha árbore de mazás de ouro que a deusa Gea obsequiou a Hera como símbolo da fertilidade con ocasión das súas vodas con Zeus. Estas mazás douradas pertencen ao Xardín de Hespérides.
A Mazá de Adan e Eva
A mazá tamén é o ‘froito prohibido’ do que son partícipes Adán e Eva xa que son expulsados do seu paraíso por comer a mazá da árbore prohibida, isto provocou que perderan a inocencia e se introducira o pecado no mundo. Neste caso a mazá simboliza a fecundidade e o coñecemento.Hai outra referencia bíblica no Cantar dos Cantares.
A Illa de Avalón
Na literatura artúrica destaca a illa de Avalón,o Pomar, que é un lugar mítico onde repousan os reis e os heroes defuntos. Alí é onde o rei Artur se refuxia en espera de volver a liberar aos seus compatriotas galeses e bretóns do xugo estranxeiro.
A Mazá da Discordia
A mazá da discordia é a mazá de ouro que, segundo a mitoloxía grega, a deusa Eris destinou para a máis fermosa das divindades que asistían á voda de Peleo e Tetis. Tres delas,Hera,Atenea e Afrodita, pugnaron por ser as elixidas. O xuíz que dirimiría a disputa sería Paris, conseguindo así o amor de Helena. Deste xeito, fálase da ’’mazá da discordia’’ cando queremos referirnos a unha cousa, persoa ou situación que é a causa dun conflito o que dificulta ou impide a resolución favorable desta mesma disputa.
A Deusa Idunn coas Mazás
As mazás que pertencían á deusa nórdica Idunn gardaban relación coa xuventude e a inmortalidade, Idunn castigaba cun rápido envellecemento a quen cometera algún furto.
Mitoloxía Escandinava
Na mitoloxía escandinava a mazá desempeña o papel de froito rexenerador e rexuvenecedor. Os deuses comen mazás e permanecen novos ata o fin do ciclo cósmico actual.
Bibliografía da Información
Bibliografía das Imaxes
1. http://bit.ly/2rTBEy3
2. http://bit.ly/2qFhqDe
3. http://bit.ly/2r1sCPR
4. http://bit.ly/2rE04fi
5. http://bit.ly/2rAiyfe
6. http://bit.ly/2qFiaZh
7. http://bit.ly/2raon2G
8. Cirlot, Juan Eduardo (1958). Diccionario De Los Símbolos. Barcelona: Siruela.
9. Chevalier, Jean y Gheerbrant, Alain (1986). Diccionario De Los Símbolos. Barcelona: Herder.
2. http://bit.ly/2qFhqDe
3. http://bit.ly/2r1sCPR
4. http://bit.ly/2rE04fi
5. http://bit.ly/2rAiyfe
6. http://bit.ly/2qFiaZh
7. http://bit.ly/2raon2G
8. Cirlot, Juan Eduardo (1958). Diccionario De Los Símbolos. Barcelona: Siruela.
9. Chevalier, Jean y Gheerbrant, Alain (1986). Diccionario De Los Símbolos. Barcelona: Herder.