
Carreira escolar Solidaria
Na Illa do Cobo (Xunqueira) xoves 20/12/2012
Agradecemento ó alumnado de 2º TSAAFD do Sánchez Cantón
Algúns participaron correndo e a maioría exerceron distintas funcións organizativas. Os alumnos de 2º TSAAFD, co profesor Telmo Silva Alonso encargáronse do balizado, control de saídas e chegadas e dos aspectos organizativos. O obxectivo era recaudar alimentos para o comedor social nos centros participantes, Xunqueira I, Xunqueira II e Sánchez Cantón de Pontevedra. Os premios: un pavo ó 1º clasificado, un lacón ó 2º e unha folla de bacalao ó 3º foron entregados no comedor social ó día seguinte xunto cos alimentos recaudados nos centros. Unha iniciativa conxunta dos 3 centros coa colaboración do profesorado dos Departamentos de Educación Física. Agradecemos a colaboración prestada polo Instituto Municipal de Deportes e Concellería de Deportes. Agradecer a José María Solla Casqueiro, profesor do IES A Xunqueira II o excelente reportaxe fografico da carreira con 245 fotografías que nos remitiu recentemente.
A carreira discurriu pola Illa do Cobo na Xunqueira
Event Information
MULTIACTIVIDADE DEPORTIVA NO PROGRAMA DEPORTIVO DE CENTRO NO IES SÁNCHEZ CANTON DE PONTEVEDRA 20/12/2014
O venres 20/12/2013 desenvolveuse dentro do Programa Deportivo de Centro unha actividade multideportiva consistente en talleres e competicións nos deportes de Bádminton, Patinaxe, Tenis de mesa, Baloncesto e Fútbolsala para o alumnado da ESO entre as 9.00 e as 11.30 h. Contamos coa colaboración de Enrique, Anxo, Telmo, Montse, Tere, Pepe e Paco na parte organizativa e nas labores de animación co alumnado de 1º TSAAFD. Agradecer tamén a todos os profesores e profesoras que baixaron ó alumnado ó pabellón e ó patio e colaboraron na garda correspondente para o bo desenvolvemento das actividades. Había tempo que non se facía unha actividade deportiva como peche de trimestre e era xa tempo de retomalo.
When?
Friday, Dec 20, 2013, 09:00 AM
Where?