
APPS con APP INVENTOR
Programadas polo alumnado do IES Sánchez Cantón
Apps con App Inventor
- Certamente os dispositivos móbiles pódense converter nunha fonte de problemas en calquera comunidade educativa e, en efecto, eses usos disruptivos poden e deben ser correxidos dun xeito contundente e eficaz. Porén, isto non debe ser excusa para obviar as enormes potencialidades, mesmo no eido docente, que teñen estes pequenos obxectos tan potentes que xa forman parte inseparable da cotidianedade do noso alumnado.
- Dende a biblioteca escolar do noso centro é un pracer dar a coñecer este traballo realizado polo alumnado de 1º BAC TIC durante o pasado curso 2012-2013 e que foi coordinado pola profesora Esperanza Gesteira. É o momento de presentar todos os materiais organizados e postos en valor pola coordinadora. Nesta presentación hai unha completa información de cada un dos proxectos e tamén do laborioso proceso que foi necesario percorrer para programar e rematar estas aplicacións.
- Queremos destacar a colaboración dos docentes que xenerosamente cederon materiais e axudaron coas traducións dos contidos.
- Tamén queremos poñer en valos a colaboración da Concellería da Xuventude e Normalización Lingüistica do Concello de Pontevedra que atendeu puntualmente todas as nosas peticións.
Fai click na ligazón
Instruccións para descargar as Apps
- Podedes acceder as aplicacións a través dos códigos QR que aparecen na presentación. Só é preciso descargar no móbil un lector de QR, por exemplo BIDI dispoñible de balde en Google Play.
- Para dispositivos con Android
- Entrar En Ajustes. Aplicaciones . Habilitar Orígenes desconocidos.
- Tamén, se non tes lector de QR, podes descargar as aplicacións entrando dende o móbil nas diferentes ligazóns dos códigos QR que atoparedes na presentación.
IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA